Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 04/10/22
04/10/2022
44:58
Setembro foi, como ven sendo habitual, un mal mes pro emprego en Galicia. E nesta ocasión, contra a tendencia dos últimos meses, a nosa comunidade tivo un comportamento moito peor que a media nacional: o paro aumentou o dobre. Malos datos que responden á estacionalidade do emprego creado nos últimos meses, e que provocan preocupación sobre o que virá nos vindeiros meses. A XUnta, porén, destaca o aumento do emprego no último ano, e que o dato de parados é o mellor dende o ano 96.