Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/11/22 04/11/2022 44:45


O presidente da Xunta considera unha boa noticia que a Navieira Maersk pense en Galicia pra instalación dunha fábrica de metanol verde. A dirección da empresa danesa xa se puxo en contacto co executivo galego para aborda-los seu plans.

ENCE iniciou, en periodo de probas, a toma de augas residuais. Os traballadores xa están reincorporados despois despois do ERE obrigado polo escaso caudal do Lérez

Viana do Castelo acolle hoxe un cumio entre España e Portugal. Na axenda figura un encontro titulares de Traballo pra acordar unha guía de traballo transfronteirizo, unha demanda de sindicatos, empresas e do goberno galego.

O aumento dos virus respiratorios en nenos están a provocar o colapso nas urxencias hospitalarias. O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo atendeu nunha sola xornada a 300 menores o triplo do habitual.

O tempo. Hoxe destaca a baixada das temperaturas, pero non se agardan chuvias.

Galicia Informativos
Más opciones