Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 05/01/25 05/01/2025 30:07

Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne

Neste 5 de xaneiro marcado en vermello nas axendas dos máis pequenos pola visita das súas maxestades os reis magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán este domingo as rúas de gran parte de Galicia... aínda que a afluencia de xente pode ser menor pola previsión de chuvias.

As cabalgatas dos reis marcan o final da tempada de nadal, unhas datas nas que se visibiliza o traballo das entidades sociais, por exemplo, no reparto de alimentos a persoas vulnerables. Este 2025 as comunidades comezarán a xestionar o sistema das tarxetas moedeiro destinadas pras familias de rendas máis baixas. Un modelo que, segundo a rede galega contra a pobreza, xera situacións de discriminación.

No tempo de entrevista, falaremos de arqueoloxía con Alfredo González Ruibal, gañador do premio nacional de ensaio neste 2024 que acabamos de despedir.

Nos deportes, moi pendentes do partido do Ourense contra o Real Valladolid, nos deza-seisavos de final da copa do rei.

E miramos cara os ceos nesta xornada na que moita xente fica pendente do tempo polas cabalgatas. A Xunta xa activou a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña. Esta madrugada rexistráronse refachos de vento de 140 kilómetros por hora en localidades como Muras, en Lugo.

Galicia Informativos
Más opciones