Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 05/09/24
05/09/2024
30:09
Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
As chuvias do mes de xullo, máis abundantes do normal, deron un respiro ós montes galegos este verán. Pero estas últimas semanas, cun agosto notablemente máis seco do habitual, crearon o entorno pra que os incendios volvan ós nosos titulares. Hai dous importantes agora en activo, e neles se concentran arestora moitos medios, especialmente aéreos, pra tratar de poñelos baixo control. Un chegou do país veciño, onde leva máis dun milleiro de hectáreas arrasadas. O outro apareceu tralo solpor, nunha práctica xa habitual entre os incendiarios, e chegou ameazar varias parroquias.