Preocupación no agro galego polas condicións das axudas da Política Agraria Común deste ano. Xa poden solicitarse desde esta semana pero hai moitos aspectos novos que complican o cumprimento dos requisitos. Desde a creación dun caderno dixital, ata control máis específico das zonas de pasto, tamén dos medicamentos que se lle poden dar ós animais.
Todo nun domingo no que a asociación de pacientes do Hospital de Santiago denuncia falta de material habitual que provocou de novo a suspensión dunha operación cando o doente xa estaba na cama preparado para a intervención.
En Vigo, os grupos da oposición reclaman información ó concello e a comparecencia urxente da responsable de Medio Ambiente polo morte de varios animais do zoo.
De contado os detalles. E no noso tempo de entrevista falaremos de pesca, de enerxía eólica e de moitos outros aspectos de actualidade co eurodeputado socialista Nicolás González Casares.