Os farmacéuticos da Coruña activan unha campaña dirixida á saúde mental ó dispararse as consultas. Galicia multiplica por dúas a media española de enfermos crónicos.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra expresou a súa preocupación pola xestión do Hospital Montecelo. Considera que se ralentiza a actividade para favorecer o desvío de pacientes á sanidade privada.
Preocupación polo impacto que as xeadas van ter na producción das vides e outras froiteiras. As boas temperaturas de marzo fixeron que se adiantaran os abrochos que coas temperaturas por debaixo de cero deixarán de ser productivos.
A Xunta volve prohibi-las queimas de restos agrícolas e forestais por particulares polo risco de incendios. O lume queimou nas últimas horas unhas 20 hectáreas na parroquia de Figueiras, en Santiago. As lapas estiveron a uns cen metros das casas.
O tempo. Vaise retirando o aire frío e no sur hoxe xa se chegará ós 20 graos.