As forzas de seguridade suman en Galicia outro golpe ó narcotráfico. Nesta ocasión, a sustancia atopada era heroína. Ata 25 kilos descubertos trala intervención dun vehículo cun dobre fondo e o rexistro dun garaxe. Hai dous detidos, que foron enviados a prisión... Unha vez cortada, a droga podería ter un valor no mercado de millón e medio de euros
- Sanidade pretende evitar a folga convocada polo sindicato médico CESM a partir do vindiero martes.
O SERGAS citou a unha reunión ós dirixentes sindicais para tentar lograr un acordo.
- As asociacións de defensa da sanidade pública desconvían dos datos da lista de espera da Xunta.
Galicia é oficialmente a terceira comunidade cos tempos de agarda máis reducidos.
- Os ecoloxistas pídenlle á Xunta que esixa responsabilidades pola rotura dunha balsa mineira en Frades.
- Os técnicos aseguran que a auga vertida ó Tambre, do que se fornecen varios concellos, non ten elemenos tóxicos.
- Novo paro de dúas horas na fábrica de LARSA en Outeiro de Rei.
Comezou á unha para demandar que os salarios cubran o poder adquisitivo perdido coa inflación