Novo fito de vacinacións diarias, 43 mil nunha xornada. Cambados súmase dende o venres ós concellos con peche perimetral. As restricións nestes concellos son unha das dúbidas do final do estado de alarma, que hoxe analiza o Consello Interterritorial.
Os traballadores das residencias de maiores privadas anuncian mobilizacións pra vindeira semana.
Galicia foi a comunidade na que máis baixou o paro en abril. Hai case dez mil persoas menos rexistadas nas oficinas públicas de emprego.
Os traballadores de Alcoa deciden en asemblea se retoman a folga. A ministra de Industria vaise dirixir á multinacional para que manteña o compromiso de vender.
O alcalde de Ourense, contra ó acordo para compartir os estudos de Intelixencia Artificial.
A alcaldesa da Coruña, a favor de construir vivendas nos terreos que se desafecten do porto.
O tempo. Quedamos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións.