Centos de persoas percorreron as rúas do casco histórico de Santiago este mediodía para protestar contra o boom eólico. Convocados pola plataforma "Eólica Así Non", reclamaron unha alternativa enerxética a través dun modelo xusto e sustentable.
Finalmente esta mañá zarpou do porto de Vigo o buque oceoanográfico Vizconde de Eza cara augas de Terranova para facer traballos de prospeccións no caladoiro para frustración dos familiares do Villa de Pitanxo porque non vai facer nada por localizar aos desaparecidos. Mañá declaran na Audiencia Nacional os tres superviventes, o patrón en calidade de investigado.
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, agarda que se produzan acordos mañá na reunión de Rueda coa oposición e que se presenten reivindicacións colectivas ante o goberno de Pedro Sanchez.