O goberno confirma que o asasinato de Ana Vanesa Serén en Oia, esta fin de semana foi un crime de violencia de xénero. Sería o segundo en Galicia neste ano, tralo asasinato dunha muller en Baiona no mes de febreiro.
A mediodía, minutos de silencio en distintos puntos. Na delegación do goberno, José Ramón Gomez Besteiro salientou que o agresor, garda civil tiña a sua arma retirada pero actuou cunha arma ilegal, non rexistrada. Á ultima hora da tarde ducias de localidades uniranse ás concentracións de repulsa, e en demanda de reforzos na proteción ás victimas
- O Ártabro, o barco que realizou a inspección dos Villa de Pitanxo en augas de Terranova, xa emprendeu o camiño de regreso.
A portavoz das familias dos mariñeiros mortos, María José de Pazo, está segura que a verdade, sobre as causas do naufraxio, sairá a luz.
- Negociacións entre o PSdeG e do Bloque para pactar a elección de alcaldes dunha das dúas formacións onde xuntos teñen maioría.
Suman en medio cento de municipios entre os que está catro das sete grandes cidades: A Coruña. Lugo, Santiago e Pontevedra.
- Os bomberos dos parques comarcais de Galicia inician mobilizacións.
Denuncia a falta de resposta das administracións ó compromiso para converter en fixo ó persoal laboral.
- ADEGA advirte dos riscos da política eólica da Xunta.
Pon como exemplo a anulación dun parque entre Coristanco e Santa Comba. O colectivo ecoloxista quéixase do custe económico e medioambiental