Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 05/08/21 05/08/2021 30:07

A Fiscalía eleva a asasinato a súa acusación contra os catro adultos investigados polo crime de Samuel Luiz. A causa xudicial seguirase por un delito de homicidio ou asasinato, que a xuíza concretará ao longo da instrución.

A Xunta incrementará a vixilancia de eventos coma os festivais. Revisarán o protocolo de seguridade se detectan gromos coma os que se están producindo noutras comunidades. Educación cre que as vacinas a maiores de 12 anos poden coincidir co arranque do curso.

Preocupación nas Catedrais ante a sucesión de incidentes cos visitantes. O alcalde pídelle á Xunta mais axuda para controlar a afluencia de visitantes. Piden responsabilidade ós turistas logo de que fose preciso rescatar a varios grupos pola suba da marea.

38 concellos galegos non teñen ningún tipo de infraestructura bancaria. O banco de españa eleva a 250 mil persoas as que teñen déficits nesta materia.

Pablo Villar, un capitán galego, leva 10 meses atrapado en Iemen en condicións penosas. A CUT pide a súa repatriación.
 

Galicia Informativos
Más opciones