Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 05/10/21 05/10/2021 45:04

Galicia entra hoxe nos niveis de incidencia que marcan a nivel nacional a chamada "nova normalidade". A incidencia a 14 días sitúase nos 23 casos por 100 mil habitantes.

Normalidade que permite ampliar aforos con carácter xeral ata o 75 por cento en interiores, e 90 por cento en exteriores, con algunhas excepcións.

En Marín, hoxe retómanse as movilizacións pra denuncia-la situación do centro de saúde do Seixo. Seguen cun único facultativo para 2.200 persoas, e con listas de agarda que alcanzan os 20 días de demora.

Os traballadores de Vestas, a empresa de Viveiro ameazada de peche, vanse manifestar hoxe en Santiago. Iniciarán a marcha ás tres, unha hora antes da consticución dunha mesa, convocada pola Xunta, que buscará solucións industriais para a fábrica.

Paulo Carril será reelexido este sábado como secretario xeral da CIG. O obxectivo do sindicato nacionalista é seguir ampliando representatividade e a capacidade de mobilización.

Ourense toma o relevo da Coruña na organización do Mobile Week e acollerá este certame os vindeiros tres anos. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, considera que o certame axudará a mellorar a competitividade da provincia.

Galicia Informativos
Más opciones