A Coruña acolle esta tarde o cumio hispano-alemán. A alcaldesa, Inés Rey, terá unha reunión privada con Pedro Sánchez en María Pita antes do encontro internacional, e tamén haberá un saúdo ós voceiros dos grupos municipais.
O ministro de pesca confirmou no Congreso a presentación dun recurso contra o veto a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do atlántico. Os deputados do PP, Joaquín García Díez, e BNG, Néstor Rego, resaltaron no debate o grave impacto que a prohibición terá para a flota galega.
Os informes científicos recomendan pechar a pesca do xurelo ó norte de Fisterra durante o ano que vén. O sector do cerco agardan que a Administración free esa proposta e advirte de que se a vai adiante se verá abocado ó amarre ou a reciclarse.
Unhas cincuenta persoas son atendidas cada anoen urxencias na área de Pontevedra por unha conducta suicida. Estas pacientes desde hoxe serán derivados á unidad específica aberta no centro de especialidades da Casa do Mar de Pontevedra.
O tempo. foise nubrando polo norte e mesmo pode chover algo pero é unha fronte transitoria.