Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 05/11/21 05/11/2021 44:54

Despois dunha semanas de melloría continua, coas incidencias máis baixas de España. Os datos de COVID deixan un aviso pra navegantes: non podemos confiarnos, porque a incidencia xa está a subir.

En Lugo, permanece estable e con pronóstico reservado a moza que caeu desde o alto da muralla, supostamente empurrada.
Colectivos en defensa dos dereitos LGTBI vanse manifestar pola tarde para pedir que o caso se investigue como delito de odio.

Os delitos informáticos aumentron un 50 lpor cento no que vai de ano. Hoxe comezan a operar na comunidade os equipos arroba da Garda Civil que están especializados en ciberdelincuencia

En principio hoxe remata o periodo de consultas do ERE que supón o peche de Vestas, en Viveiro. Os traballadores asisten arestora en Santiago a unha reunión convocada pola Xunta pra tratar de salvar a factoría de pás eólicas de viveiro.

En Ourense, ducias de colectivos sociais, ambientais e culturais únense nunha chamada común de auxilio. Piden a implicación activa da cidade e da provincia para no permanecer impasibles ante a deriva, aseguran, que trouxo o goberno de Jácome e o Partido popular.

Galicia Informativos
Más opciones