A palabra que resume a impresión galega do cumio hispano-luso é decepcionante. Utilízana tanto o presidente da Xunta como a líder do BNG. Rueda cre que o goberno desatende os intereses de Galicia, que falta á súa palabra. Pontón comparte impresións pero ademais critica tamén ó executivo galego e acusa a Rueda de ter pouco peso político.
Todo nun día de manifestacións. Colectivos en defensa dos dereitos trans únense desde Compostela á petición para pedir a inmediata aprobación da lei estatal. Mentres, na Coruña, centos de persoas camiñan cara a Casa Cornide para esixir que este ben, aínda dos Franco, pase a mans da cidadanía.
E nos deportes, pendentes esta tarde do Celta porque Carlos Carbalhal debuta como adestrador no encontro fronte ó Osasuna en Balaídos.