Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 05/11/23 05/11/2023 30:09

O temporal deixa refachos de vento de 155 quilómetros por hora contra as doce deste mediodía en Punta Candieira, en Cedeira, e acumulacións de auga de 88 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes.

Hai medio cento de incidencias coa subministración eléctrica, de cortes de luz, a maior nestes intres na provincia de Pontevedra.

Está cortada a autovía do Morrazo dirección Moaña. En canto ó tráfico aéreo, varias cancelacións nas chegadas previstas para esta tarde ó aeroporto de Alvedro.

No transporte ferroviario normalidade, pola mañá estivo interrompida a circulación entre Dodro e Padrón pola caída dunha árbore sobre a vía.

De contado imos ata os concellos máis afectados, sobre todo pola crecida dos ríos, coma Pontecaldelas e Moaña.

Esta tarde hai oposicións ó Sergas en Silleda, a Xunta teme colapso nos accesos polo mal tempo polo que recomenda estacionar no polígono, e habilita autobuses gratuítos desde alí ata o recinto feiral.
 

Galicia Informativos
Más opciones