Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/01/24 06/01/2024 30:10

O sorteo da lotería de reis deixa premios nunha ducia de administracións galegas. En dez vendeuse algún décimo do primeiro premio e dúas, de Lugo e Santiago, repartiron 500 mil euros do terceiro. Curiosamente a de Lugo é a de Lamas de Prado na que roubaron o pasado xoves.

Nas praias galegas segue recollida das boliñas de plástico que sairon do contedor que perdeu un mercante. Varias asociacións ecoloxistas xa anunciaron a presnetaicón dunha querela contra a casa armadora.

Nas estradas, ningún accidente grave nas últimas horas despois do que se rexistrou onte sobre esta hora en Malpica. Faleceron os conductores de dous coches, un cidadán portugués e unha veciña de Ponteceso, que bateron frontalmente. No que vai de ano xa acumulamos tres víctimas mortais nas estradas galegas.

Deportes... en pouco máis de dúas Lugo e Atlético de Madrid abren no Anxo Carro os dazaseisavos da Copa....

E antes dos deportes no tempo que os sábados dedicamos á cultura falaremos de Luisa Villalta a que este ano se dedican as letras galegas.

Galicia Informativos
Más opciones