O sorteo da lotaría de Reis tamén é afortunado con Galicia. O máis repartido, o segundo premio, 72.289 caeu en Vigo, Cervo, Ordes, Lugo, O Carballiño, Ourense, Pontevedra e Cangas. SOn 75 mil euros por décimo. E o terceiro premio, o número 18.918, 25 mil euros por décimo, deixa cartos en Lugo
- Os prezos dos carburantes subiron máis dun 1 por cento no que levamos de ano.
Ourense é o lugar máis caro de Galicia pra mercar combustible e Lugo o máis barato.
- Dispárase a demanda de leña en Galicia e aumenta un 30 por cento o seu prezo
A falta de operarios e o elevado prezo da electricidade son as principais causas
- A dirección de Stellantis e os sindicatos reuniranse o vindeiro luns en Vigo.
A xuntanza ten coma obxectivo negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario.
- Os sindicatos médicos critican ó Sergas pola implementación das consultas por videochamada
Non ven que este sistema, que chegará nestes meses a hospitais e centros de saúde, sexa unha solución ós problemas actuais