Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/02/23 06/02/2023 44:10

Na Coruña entregouse o menor que agrediu o sábado con arma branca a outro rapaz. A subdelegada do goberno nega que o agresor pertenza a unha banda organizada.

Comezou en Lugo o xuizo polo dobre crime do Cash Record ocorrido hai tres década durante un roubo. A acusación particular e única que presenta cargos, pide que sexa condenado a 28 anos de prisión. O procesado negou os feitos.

Dixa complicado para o transporte ferroviario por unha incidencia no sistema de sinalización. Un problema que obrigou a suspender temporalmente a circulación e provocou retrasos de ata dúas horas.

Dúas películas galegas compiten este ano por un galardón no prestixioso Festival Internacional de Cinema de Berlín. Son dúas operas primas, Sica e Matria, ambientadas na costa galega, nominadas nas seccións Panorama e Generation.

O tempo non varía. Temos outro día solleiro, pero pola noite volverán as xeadas.

Galicia Informativos
Más opciones