Os datos do paro do mes de marzo reflexan os efectos do inicio da desescalada. Baixaron os desempregados un 2,4%, e caeron tamén, un 25% os traballadores que permanecen baixo un expediente de regulación temporal de emprego.
A Xunta cre que estamos a resistir mellor que outros lugares os efectos da pandemia. E preve unha melloría a medida que se rebaixe a presión sanitaria.
O SERGAS pon en marcha un plan pra vacinar desde hoxe ata o domingo a 145 mil persoas. Está dirixido ás persoas que teñen entre 60 e 65 anose ós de 75 a 79.
O clínico de Santiago proba o etanol contra a COVID. O alcohol etílico demostra un efecto virucida e reduce as complicacións da infección.
O Estatuto de Galicia cumpre hoxe 40 anos. O PSdeG-PSOE quere reformalo; o Bloque pide outro distinto. Os dous partidos critican a Feijoo por non reclamar ó Estado o traspaso de moitas competencias pendentes
O tempo. Mantense a influencia das altas presións..