Despois de moitas incertezas e moito tempo de agarda polo proxecto, Navantia deu hoxe comezo oficial en Ferrol á construción de 5 fragatas F110 pra Armada. Un proxecto esperanzador que abre unha nova etapa pros estaleiros, como sinabala o presidente do goberno, Pedro Sánchez. Trae carga de traballo pra dez anos pros empregados dos estaleiros e as auxiliares. Eles, hoxe, as portas do acto lamentan que non cubra toda a súa capacidade. Reclaman a modernización dos estaleiros pra poder competir no mercado internacional
- Primeiro dirixente do Partido Popular que prefiere que o sustituto de Núñez Feijóo a fronte do formación en Galicia se elixa nun Congreso extraordinario.
Diego Calvo é partidario desta vía aínda que iso poida supoñer que o elixido non sexa o mesmo que o que releve a Feijóo na Xunta.
- 20 arrestados, 15 en Galicia, nunha operación contra a loxística do narcotráfico.
Entre os detidos figura un curmán de Sito Miñanco, Ramón Bugallo. Fíxose un rexistro nun estaleiro en Cambados que xa aperece tamén noutrras operacións relacionadas co narcotráfico.
- A Audiencia Nacional ve indicios de delicto no afundimento do Villa de Pitanxo.
O xuiz Ismael Moreno remitiulle a un xulgado de Marín a investigación do naufraxio.
- O BNG insta á Xunta a actuar para non perder o patrimonio cultural que atesoura a Casa de Galicia en Montevideo.
O Bloque tamén quere que a Xunta asuma a súa cobertura sanitaria do cento de socios