Os que padecen ela poden pedir desde hoxe as axudas aprobadas pola Xunta.
Son ata 12 mil euros para custear gastos como alimentación, fisioterapia ou adaptación do fogar.
Axudas para os mariscadores de Arousa pra paliar as perdas económicas pola veda temporal. Os afectados ven a medida que moitos ven coma un parche e non coma unha solución a largo plazo.
En Lugo, diversos colectivos alertan do impacto que terá a construcción da chamada "ronda leste". Cren que será unha infrastructura moi custosa e innecesaria. Xa iniciaron unha recollida de sinaturas contra este proxecto.
A máxima expresión do feismo arquitectónico que supón a torre do concello de Vigo pode quedar subsanada nun par de anos. O goberno local vai convocar un concurso de ideas para reformar e rehabilitar o consistorio.
O tempo vai continuar seco e solleiro e as temperaturas van ir subindo.