Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 06/06/23
06/06/2023
44:59
A segunda república e a Revolución Gloriosa foron os temas do primeiro exame da AVAU esta mañá., o de Historia de España. Case 12.800 estudantes galegos desembarcaron hoxe nos distintos centros de exame, incluida, en Pontevedra unha unidade específica pra alumnbos que precisan apoio ou teñen algunha discapacidade. Unha das novidades desta edición é a volta da detección de frecuencias en todas as aulas, pra evitar prácticas fraudulentas e garantir ao mesmo tempo a seguridade das probas.