"O sentir é desolador, rompe o corazón". Así definen a situación desde os concellos afectados polo lume de Boiro, que ameaza agora a Porto do Son tras facelo nas últimas horas en Ribeira e na Pobra, con case mil persoas evacuadas en total. Un incendio que afecta ademais queima arestora na Curota.
Esta é a última hora, de contado máis detalles, todo cando segue a preocupar a seca neste ano hidrolóxico máis seco da serie histórica.
Nuns minutos falaremos tamén da saúde. Diferentes axentes, tanto educativos coma concellos e organizacións sanitarias, preparan un plan de actuación para a saúde mental pública galega ante os atrasos para conseguir citas.
Todo nunha fin de semana festiva en Galicia con moitas citas en axenda desde Cambados, a Bueu ou Burela coa feira do bonito.