Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/09/22 06/09/2022 44:51

Os abonos que permiten viaxar nos trens de media distancia galegos de balde poñen á vista as costuras dun servizo que xa era, antes destas bonificacións, un dos máis utilizados de España, pero tamén un dos que máis queixas recibía por parte dos usuarios.

Faltan prazas, din os usuarios, pra atender toda a demanda, e sobre todo, frecuencias e trens nos horarios de mais demanda. Algo ó que se unen sindicatos ou políticos. Outros lembran que eles non teñen tren, e piden que os seus transportes alternativos tamén se vexan rebaixados.
 

Galicia Informativos
Más opciones