Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/10/21 06/10/2021 44:56

Galicia inoculará coa dose de reforzo ós maiores de 70 anos a partir do 25 de outubro, tal e como se acordou na comisión de saúde pública. O conselleiro tivo que aclarar que o voto en contra de Galicia nese encontro foi porque querían ter tempo pra estudiar cómo encaixar esas doses de reforzo coa campaña da gripe.

O sector educativo cré que xa se poden relaxar as medidas antiCOVID. As ANPAS cuestiona nque se obrigue a levar a máscara nos recreos ó aire libre ou que non se poidan xuntar alumnos de diferentes cursos.

Endesa podería volver a producir electricidade nas Pontes. Os sindicatos mesmo anuncian a próxima chegada dun barco con carbón ó porto de Ferrol.

Máis investimentos e solucións á crise industrial asuntos clave para que o BNG apoie os orzamentos do Estado. O BNG reclama remozar as liñas interiores, completar o eixo ferroviario atlántico con Portugal polo sur e con Ferrol polo norte.

Dúas décadas despois danse por rematadas as obras na Cidade da Cultura. Hoxe inaugurouse o Edificio Fontán queserá a sede, entre outros organismos, do Instituto de Ciencias do Patrimonio e do consorcio interuniversidario de Galicia.

Galicia Informativos
Más opciones