Bruxelas rebaixa á metade o número de zonas nas que a partir do domingo queda prohibida a pesca de fondo. Exclúe 41 das 87 áreas que inicialmente incluía a medida. Nesas zonas non se pesca a profundidades superiores ós 400 metros que son as que lles afecta a norma.
Mobilización sindical en toda Galicia esta mañá para reclamar unha suba salarial en paralelo ao aumento dos prezos. Na Coruña houbo ata tres concentracións para pedir que a patronal atenda as reclamacións, do contrario pronostican un outono quente.
Satisfación na comarca de Ferrol coa creación dun fondo de compensación que repare os danos e prexuizos causados pola exposición ó amianto. Hai milleiros de afectados na comarca, dos que a metade aínda non conseguiron a indemnización que demandaron nos xulgados.
O Consello da Xunta aprobou o relevo do director xeral de FP, José Luis Mira.
O presidente Alfonso Rueda a segura que o relevo foi a petición propia e nega que se deba a disensións na Consellaría de Educación.
O tempo. pola tarde os ceos volverán quedar despexados, só con nubes na mariña. As temperaturas altas nestas horas centrais do día.