A asociación española contra o cancro está a analiza-lo estado da investigación contra esta enfermidade en todo o país. E GAlicia foi unha das primeiras comunidades elexidas pra esta radiografía... O informe deixa luces e sombras. NO positivo, a investigación nesta materia é prioritaria, e o investimento multiplicouse por tres na última década. Pero falta investigacion básica, segundo o informe, e detéctase un número moi baixo de ensaios clínicos pra levar esas investigacións ata a práctica clínica
- A nosa lingua ten un impacto directo na economía de 1.440 millóns de euros
Segundo un informe elaborado polo COnsello da Cultura galega, xera ademáis 27.700 postos de traballo. Destacan os sectores cultural e da comunicación
- Avances na mesa sectorial do ensino sobre a redución do número de alumnos por aula aínda que de momento non se pechou un acordo
Non houbo entendemento en canto á baixada de horas lectivas do profesorado na terceira reunión semanal que vén de rematar en Santiago
- A Garda Civil investiga as causa do incendio que calcinou o restaurante do porto de Moaña e afectou a varias oficinas do clube deportivo.
Unha vez máis foron os bombeiros do Porriño os que tiveron que actuar porque o parque do Morrazo leva varios días pechado pola falta de efectivos
- O Colexio de Arquitectos de Galicia critica a ANULACIÓN o proceso de rehabilitación do convento de Santa Clara que estaba en marcha.
Asegura que a decisión da deputación pontevedresa está a ter repercusión internacional porque afecta a estudos de arquitectura de moito prestixio no mundo