Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 06/11/22
06/11/2022
29:50
Caldas, Sanxenxo, Cambados ou o Grove. Son os últimos concellos afectados pola falta de recursos en primaria. Un exemplo esta fin de semana. Parte do tempo os pacs quedaron sen médico. Os veciños chegaban cunha urxencia e non tiñan quen os atendese.
Todo nun día con novas manifestacións nas rúas de Santiago, marcha en defensa da CRTVG baixo ó lema por una radiotelevisión pública galega ó servizo do pobo. E na Coruña, protesta das dependentas das tendas de Inditex pola desigualdade salarial con respecto ó resto do persoal do xigante téxtil.
De contado máis detalles, tamén o noso tempo de entrevista. Conversaremos coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda.
E precaución no litoral, hai temporal, aviso laranxa da Aemet por fenómenos costeiros.