Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/01/22 07/01/2022 30:15

Pendientes a esta hora dunha comparecencia na que se darán a coñecer os protocolos que rexirán a volta ás aulas do vindeiro luns, no medio dunha sexta vaga que deixa 15 mil doentes novos de COVID no que vai de ano. Os hospitais sumaron 60 ingresos nesta última semana.

E segue a polémica polo peche da atención ordinaria en 14 centros de saúde de Vigo. A oposición reclama á consellaría que rectifique, e dote ós centros do persoal preciso pra atender ós doentes non Covid, en lugar de derivar a presión ás urxencias de primaria e hospitais

- Comezan unhas rebaixas descafeinadas polos descontos previos

O comercio galego agarda chegar ás cifras de 2019, a pesar de que as ofertas destas datas xa non son tan salientables. Tamén temen o impacto das subas de prezos de productos básicos na economía das familias

- Mobilización das traballadoras de BOSCH en Vigo contra a precarización das súas condicións

Unha modificación das condicións de traballo pra 400 dos 1.600 empregados que levou ó persoal á folga.

- A falta de persoal deixa en cadro ó servizo de bombeiros de Pontevedra

Nalgunhas xornadas desta semana nin sequera chegaban ó mínimo de axentes dispoñibles que marca o protocolo municipal. Os axentes alertan de risco pra eles e pros cidadáns

- Polémica en Ourense polo uso de dromedarios durante a Cabalgata de Reis.

A Fundación Animalista Franz Weber critica a participación destes animais nunha celebración masiva que os somete a estrés. O alcalde deféndea por dar unha recreación máis realista pros cativos.

Galicia Informativos
Más opciones