O futuro de ENCE en Pontevedra decídese arestora no Supremo. O tribunal está reunido para resolve-los recursos contra a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga que lle permitía continuar 70 anos máis na ría de Pontevedra.
En Ourense continúa o conflito entre os comuneiros de Valdeorras e as louseiras. Os propietarios asegura que manterán a loita xudicial a pesar de que hoxe se asinouse a acta de ocupación dos terreos por parte das empresas.
Entregadas 50 mil sinaturas en defensa da sanidade pública. A cinco días da manifestación prevista pra o domingo en Santiago, Sos Sanidade pública rexistrou no Parlamento os apoios a unha iniciativa lexislativa popular.
Incendios en pleno inverno. Afectan o sur da provincia de Ourense. Agora está activo un que xa leva queimadas 100 hectáreas, unha parte no parque natural do Xurés.
O tempo... hoxe coa entrada de nubes polo norte que mesmo poden deixar algunha chuvisca.