O acusado do triplo crime de Valga, José Luis Abet, acolleuse ó seu dereito a non declarar. Non contestou a ningunha das partes ó comezo, esta mañá, do xuízo no que a fiscalía e a acusación particular piden para el prisión permanente revisable.
Detida unha veciña do concello coruñés de Paderne acusada de matar ó seu marido tra-lo nadal. A detención produciuse hai una semana e a acusada xa ingresou en prisión provisional por orde xudicial.
As ANPAS de colexios de Vigo, Moaña e Nigrán levarán ó Parlamento as súas queixas polo servizo de comedor. Denuncian que a Xunta non atende a suas queixas sobre as irregularidades neste servizo que afecta a comida diaria de preto de 3 mil escolares
Falece o poeta Salvador García-Bodaño ós 82 anos. O académico naceu en Vigo en 1935 pero desde neno estivo vinculado a Santiago.
O tempo vai ir emporando pola tarde. Á noite aumentará o vento e a chuvia.