Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/04/21 07/04/2021 50:06

Esta tarde reúnese o Consello interterritorial de saúde, coa polémica obriga de usar máscara nas praias sobre a mesa. A Xunta reclamará a súa revisión.

Tamén pedirá seguridade xurídica a partir do mes de maio, cando remata o estado de Alarma. Especialmente ante o recurso do goberno central contra a Lei galega de Saúde, única ferramenta da autonomía pra manter algún tipo de restrición.
 
A pobra do Caramiñal e o Grove serán dende o venres os únicos concellos con peche perimetral. O comité clínico tamén acordou que a partir do venres se poderán realizar reunións de non conviventes nos domilicios.

Nas vacinacións, as autoridades sanitarias piden que se respete a hora da cita, pra evitar incidentes como os acontecidos esta pasada tarde na Cidade da Cultura, onde acabou intervindo a policía

No campo, UUAA denuncia que as grandes cadeas de distribución empregan a leituga como produto reclamo e provocan unha caída dos prezos

O BNG alerta do efecto contraproducente da moratoria na plantación de eucalipto, que está provocando replantacións aceleradas.

Galicia Informativos
Más opciones