Hoxe Feijóo volve estar en Madrid, nun encontro co presidente do goberno na súa condicion de lider do PP nacional, polo que o consello da Xunta se aprazou a mañá. E a súa formación segue o debate interno sobre cómo nomear ó seu sucesor á fronte do partido e próximo candidato á presidencia. O nome de Alfonso Rueda segue sonando como principal candidato a asumir agora a presidencia, pero de cara ás vindeiras eleccións, Baltar súmase ós que piden que sexa un congreso extraordinario, mentres Elena Candia, en Lugo chama a mante-lo debate no seo da formación...
- Xa son 21 os detidos no marco dunha operacion desenvolvida a construccion de embarcacións para o narcotráfico, 11 en Galicia.
Está previsto que os detidos pasen mañá a disposicion do titular do xulgado número 3 de Cambados, que é o que dirixe a operación.
- O BNG reclama en Bruxelas unha investigación completa sobre as causas do naufraxio do arrastreiro Villa de Pitanxo en Terranova.
Diríxese Comisión Europea para que presione ó goberno español que se nega a enviar medios á zona do naufraxio.
- O Foro Galego da Inmigración denuncia que non hai citas para peticións de asilo ata 2023
Di que o colapso non se pode atribuir a chegada de refuxiados ucraínos, que o servizo funcional mal desde hai anos.
- Chega a Santiago a exposición "Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020" que inclúe icónicas obras asinadas por Man Ray, Dalí ou Le Corbusier".
Son 280 obras de pintura, escultura, obxectos e fotografía e que tentan amosarnos a enorme influencia do surrealismo no mundo do deseño