As posibles irregularidades na concesión das rutas de transporte por estrada collen unha nova dimensión. E é que un xulgado de Santiago sinala que o director xeral de mobilidade poido incorrer nun delicto de prevariación e abriu dilixencias previas.
As pequenas empresas, que foron as que denunciron un posible trto de favor a Monbús e a Alsa, estiman que primeiro o Tribunal Superior e agora esta nova actuación xudicial avalan a súa posición. Galibús estima que hai unha clara connivencia da Xunta coas grandes empresas. Agora escoitamos ó seu portavoz. A consellaría de Infraestructuras non se pronuncia porque di que non ten coñecemento do auto
- O parque de Bombeiros de Vilagarcía leva dous días pechado por falta de persoal.
Os traballadores non fan gardas nin horas extras voluntarias dende febreiro, como medida de presión pra que se revisen os seus contratos.
- Morre unha persoa na Coruña ó ser alcanzada un tren preto da estación de San Diego.
Trátase dun convoi que realizaba o traxecto entre a Coruña e Ferrol e levaba unhas 15 persoas a bordo que non sufriron dano.
- Nova ameaza para o sector avícola.
Os estándares de benestar animal poden obrigar no futuro a reducir a ocupación das naves de polos de engorde ou poñedoras.
- A primitiva deixa un premio millonario en Ourense.
No concello de Pereiro de Aguiar validouse un boleto afortunado con 13 millóns de euros