Alberto Núñez Feijoo apura as súas ultimas horas e días na escea política galega. Este sábado participou no seu derradeiro acto como presidente da Xunta na entrega dos Premios da Cultura. Logo, a partir das dúas, clausurará o décimo terceiro congreso local do PP de Pontevedra.
Mentras, tanto BNG coma os socialistas, que celebraron esta mañá senllos actos de oranización en Santiago, reivindicanse como a alternativa ao goberno popular da Xunta.
Tanto a líder nacionalista, Ana Pontón, como o socialista, Valentín González Formoso, traballan coa vista posta na próxima cita electoral: as municipais de 2023.
Tamén esta fin de semana a Asociación pola recuperación dos desaparecidos no Franquismo está a dar digna sepultura aos restos de familiares e amigos recuperados estes anos pasados en foxas e veiravías.