Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/07/21 07/07/2021 30:06

A situación epidemiolóxica de Galicia non termina de asentarse, hoxe sumamos unha cifra de novos contaxios detectados que non se vía dende o mes de febreiro. Porén, as incidencias son máis baixas que a media do país, e o goberno galego descarta polo de agora sumarse ás peticións dalgunhas comunidades de implantar un toque de queda nocturno.

Tampouco se pechará o lecer nocturno, anque nos lugares con incidencia elevada será precisa unha PCR previa pra asistir. E ábrese a petición ós concellos de que precinten certos espazos, como parques ou prazas, durante a noite.

Sí hai novas restricións en varios concellos do salnés e en Ourense... que non son ben recibidas polo sector hostaleiro.

Galicia Informativos
Más opciones