Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/08/22 07/08/2022 30:01

Xa non hai perigo para os núcleos de poboación que estaban afectados polo incendio de Ponte Caldelas. A Xunta desactivou a situación 2 de emerxencia. En Boiro, non aumenta o número de hectáreas queimadas pero o incendio aínda non está estabilizado.

Todo con situación preocupante pola falta de precipitacións. Desde Augas de Galicia miran a outubro: o risco de seca será moi elevado se non chove. Trasmiras súmase ós concellos con restricións de auga.

Seguen as reivindicacións de melloras na sanidade galega. Agora son os familiares de pacientes con Alzheimer os que esixen ter unidades específicas en todas as áreas sanitarias.

E esta é unha nova xornada de festas populares. Iremos nuns minutos ata Oímbra. Alí a festa do pemento está de aniversario.

Galicia Informativos
Más opciones