Galicia Informativos   Crónica Galicia - 07/09/2021 07/09/2021 44:59

O primeiro gran incendio forestal da temporada leva xa un milleiro de hectáreas arrasadas. Un lume provocado en Ribas do Sil, en Ourense, nunha zona moi escarpada que está sendo moi complexo atallar, e na que chegou a temerse que o lume avanzase cara ás vivendas da zona....


A xunta e os empresarios de hostelaría pactan un novo protocolo. Os peches só se producirán en casos exceptionais, pero de momento queda descartado o servizo en barra.

Máscara, ventilación e distancia seguirán sendo obrigatorios este curso. A pesar da vacina, a variante Delta obriga a manter tódo-las prevencións.

O BNG inicia unha ofensiva contra o peche de oficinas de Abanca en localidades rurais. Esta semana está pevisto o peche de sucursais desta entidade o que deixará sen servizo bancario a varios municipios galegos.

Xa está en marcha a vendima na denominacion de orixe Monterrei.
A pesar do mal tempo de xullo, a calor das últimas semanas permite ter boas perspectivas tanto sobre a calidade coma sobre a cantidade.

Galicia Informativos
Más opciones