O cerco pide que o ministerio de pesca poña a súa disposición canto antes mais cota de sardiña.
Esta especie foi incluída este ano nos mecanismos de optimización. Ata agora o sector ten que facer un desembolso económico pra poder seguir pescando.
O BNG pidelle a Feijóo que aclare ó Parlamento de Galicia o seu relevante incremento patrimonial.
Calculao en 850 mil euros en dous anos e pide que se reúna a comisión do deputado.
En Vigo, Partido POpular e BNG uníronse pra forzar a celebración dun pleno extraordinario
Queren que o goberno local explique as irregularidades no patrocinio fallido do concerto que Guns and Roses ofreceu en Balaídos o 12 de xuño.
A CIG convocará folga entre o profesorado se a Xunta non presenta este mes unha proposta de redución de horarios.
Galicia é a única comunidade na que o profesora non recuperou os horarios previos á crise do 2008, cando se lles aumentou a carga lectiva.
O tempo. As nubes de evolución que se van ir formando pode descargar algunha treobada. As temperaturas seguen altas.