Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/10/21 07/10/2021 44:43

Xornada en Galicia de axendas suspendidas, tanto no goberno galego coma no parlamento, tralo falecemento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. A Xunta declara loito oficial e sucédense as mensaxes de condolencia.

Os sindicatos preparan mobilizacións na Mariña pola crise industrial na comarca. Estudan a convocatoria dunha folga xeral para finais deste mes e unha manifestación o día 17.

Na Coruña, manifestación dos traballadores de Alu Ibérica para denunciar a situacion de desprotección. Encadean varios meses sen cobrar e non teñen noticias do preconcurso de acredores solicitado polo administrador xudicial da fábrica.

O colectivo Galicia Baleira denuncia o trato das entidades bancarias ós seus clientes. As federacións de veciños de Lugo e Ourense pide unha intervención do Banco de España e do Ministerio de Consumo para poñer fin o peche de oficinas.

Os pensionistas volveron á rúa convocados pola CIG... Esta mañá manifestaronse en varias cidades. Denuncia que o acordo sobre as xubilacións de 2011 foi vergoñento e o novo pacto vai consagrar a pobreza dos maiores galegos.

Galicia Informativos
Más opciones