O delegado do Goberno en Galicia pídelle á Xunta que recoñeza o forte carácter social dos Orzamentos Xerais do Estado. José Miñones cifre en case 1.200 millóns de euros o diñeiro destinado a Galicia: un 13 por cento máis có ano pasado.
En Santiago, reuniuse o Consello interterritorial do Sistema nacional de saúde. Non tiña previsto abordar a retirada das máscaras onde aínda é obrigatoria. Arestora comparecen a ministra de Sanidade e o conselleiro da Xunta.
Galicia puxo en marcha a vacinación dos maiores de 80 anos pra o que reabre os chamados vacinodromos. Os casos activos de coronavirus aumentaron esta semana todo-los días. Agora xa pasan dos 1.600.
Un atlas reconstrúe a paisaxe de Galicia ó longo dos séculos co Camiño de Santiago como fío condutor. A obra componse de 700 páxinas de máis dun metro de ancho. Inclúe cartografías, textos e fotografías.
O tempo. Hoxe, predominan as nubes.