Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/10/23 07/10/2023 30:06

Conta atrás para o debate sobre o estado da autonomía. Nas últimas horas escoitamos á oposición formulando as propostas que levará o luns ó Parlamento. Un dos últimos en pronunciarse foi o socialista Luis Álvarez, que acusa ó PP de utilizar a cita coma un mitin de precampaña. Un dos temas dos que falará o PSdG é a necesidade de mellorar a atención primaria. Pero o conselleiro do ramo adianta que as melloras non pasan pola Xunta senón polo goberno central. Era a resposta de Julio García Comesaña a última protesta dos usuarios. Desenvólvese arestora no concello de Mesía onde levan 8 meses sen médico nun dos centros de saúde.

Todo nunha xornada de concienciación fronte a contaminación das praias e do mar. Voluntarios convocados por Adega realizan hoxe recollidas de lixo en medio cento de areais galegos.

E máis de 20 anos despois, España segue sen recibir os 880 millóns de euros de indemnizacións pendentes polo afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. A xustiza británica fallou de novo a favor da aseguradora do barco.

De contado máis detalles, tamén escoitaremos unha entrevista a Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023.

Galicia Informativos
Más opciones