Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 07/12/21 07/12/2021 30:06

Os casos de coronavirus suben dos 9 milleiros, e volven aumentar os ingresados
O conselleiro pide precaución, e adianta que tratarán de comezar a vacunación dos menores de 12 anos o 14 de decembro. Sera en principio nos centros de vacinación masiva.

Comisiones obreras denuncia que as campañas de nadal e rebaixas do comercio descansan na explotación dos traballadores
Din que non se están a contratar case reforzos. O exceso de traballo cúbrese con prolongacións de xornada non sempre voluntarias nin pagadas

O PP de Pontevedra reclama a dimisión da presidenta da deputación
Falan de corrupción trala sentenza do supremo que confirma 5 anos de cadea pra un ex alto funcionario do concello de Vigo, por enchufar a unha cuñada de Carmela Silva

O Museo de Pontevedra estrea "Castelao en Europa. A viaxe de 1921"
A mostra conmemora o centenario dunha viaxe de Castelao por Francia, Bélxica e Alemaña que influiu na evolución da súa arte. Xira en torno ó diario que escribiu durante ese periplo europeo...

Canto ó tempo, pendentes da borrasca que agora está a deixar importantes acumulacións de chuvia nalgunhas localidades, por riba dos 60 litros por metro cadrado en puntos de Pontevedra. Tamén refachos de vento en puntos coma o Xistral e punta candieira por riba dos 100 kms hora... Vexamos qué nos depara o resto da xornada, Meteogalicia

Galicia Informativos
Más opciones