A pesca galega inicia a loita xudicial contra o plan de ordenación do espazo marítimo. O sector buscará a súa suspensión. Considera que afecta a un medio de vida fundamental en Galicia e a todas as actividades derivadas.
O ex traballadores de AluIbérica retoman as mobilizacións. Fano despois de que quedara deserta a poxa para a venda das instalacións da Grela. Temen que agoche un caso de especulación inmobiliaria.
O concello de Pontevedra cosidera que o voto particular na sentenza de ENCE lles da argumentos pra recorre-la. A maxistrada lembra que a prórroga ata o ano 2073 mesmo chamou a atención do Consello de Estdo.
Traballadores sociais e asociacións de familias de acollida sinalan que o sistema de acollemento non funciona como debería. Poñen como exemplo o caso dun bebé de Lugo de 9 meses que leva 5 cunha familia de acollida cando os seus parentes queren facerse cargo del.
O tempo. pola tarde os chuvascos xa van ser máis ocasionais