Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/04/2021 08/04/2021 49:56

A decisión do COnsello Interterritorial de reservar a vacina de Astrazéneca só pra maiores de 60 anos obriga a suspender a inoculación a 1400 traballadores esenciais Hoxe comezou a inoculación a milleiros de persoas entre 75 e 79 anos.


O congreso dos deputados aproba a estas horas a lei de cambio climático. PP e BNG piden que se modifique un artigo que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Constitucional se finalmetne se aproba.

Repsol presenta un expediente de regulación temporal de empleo para 212 traballadores da refinería da Coruña. Xustifica a medida na reducción no consumo de combustibles a causa da crise

Outro expediente, o do grupo téxtil HM suporá o peche de tres tendas en Galicia. O sindicato CIG asegura a multinacional sueca propon o peche de tendas en Vigo, Ferrol e Ourense e a reducción de persoal noutras tres de Lugo, Vigo e A Coruña.

Campaña informativa a favor de marcar o "Xe" Solidario na declaración da renda. Un xesto máis necesario agora ca nunca para poder avanzar na reconstrucción social e superar os efectos da crise económica.

O tempo. Hoxe con algo máis de inestabilidade

Galicia Informativos
Más opciones