Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/04/22 08/04/2022 44:34

A estas horas moitos prepáranse pra iniciar a primeira semana santa na que se agarda case normalidade, logo de dous anos de pandemia. Uns días que comezan con mal tempo pero que irán mellorando. Ademáis dos lugares habituais, localidades non tan turísticas verán cheos os seus establecementos por mor da singulraidade das súas celebracións relixiosas. As previsións do sector son moi boas, especialmente no que a visitantes de entornos cercanos se refire. E iso conleva máis risco nas estradas, polo que tráfico pide precaución.

- En Cambados comezaron a prestar declaración os detidos na operación contra a loxística do narcotráfico.

Para a Fundación galega contra a droga, a operación demostra que a actividade dos narcotraficantes non decae.

- A guerra de ucraína tamén serve para relaxar os requisitos para a instalación de determinados proxectos eólicos.

A nova normativa permite sustituir a declaración de impacto ambiental por un informe de parte, con menos esixencias e que nin sequera ten que someterse a consulta pública.

- Os bateeiros consideran insuficientes a ampliación de prazos e zonas pra recoller mexilla.

Agora poden recoller a cría de mexillon ata o 15 de febreiro e en tres zonas máis que as permitidas ata agora.

- O Supremo revisará a sentenza sobre a propiedade das esculuras do Pórtivo da Gloria en mans da familia Franco.

Admite o recurso do concello de Santiago que agora ten vinte días para documentar os seus argumentos.

Galicia Informativos
Más opciones