Galicia Informativos   Crónica Galicia .- 08/06/2021 08/06/2021 49:46

España non esixirá o certificado COVID ós viaxeiros procedentes de Portugal. Así o comunicou o ministro portugués de exteriores, que di que se trata dun erro que o goberno central corrixirá hoxe mesmo

Arrinca a segunda ABAU baixo protocolos de prevención anticóvid. 13.200 estudantes enfróntanse dende esta mañá ás probas de acceso á universidade.

Máxima preocupacion dos sindcatos do ensino ante a falta de informacion sobre o vindeiro curso escolar. Non admitirán recortes de persoal ou medidas de seguridade.

O presidente da Xunta cre que hai espazo en Galicia para dúas pasteiras, e para unha fábrica de viscosa de orixe forestal.

O goberno galego irá ata o final na defensa do plan de explotación marisqueira fronte ó recurso presentado polo MInisterio de Transición

Unións agrarias denuncia unha "praga sen control" de 200 mil xabaríns en Galicia. Reclamarán no xulgado o cen por cento dos danos.

As emisións de CO2 galegas baixaron un 24% dende 1990. A Xunta aspira a ter emisións neutras no ano 2040.

Galicia Informativos
Más opciones