Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/06/22 08/06/2022 44:35

A principal vía de comunicación entre Galicia e a meseta, a autovía A6, volve estar cortada. A caída dun vano do viaducto do Castro provocou o desvío de todo o tráfico rodado pola antiga nacional. Un peche por tempo indefinido mentres se avalían os danos provocados polo derrubo nos pilares do viaducto, que levaba un ano en obras por problemas estruturais graves. A esta hora comparece en Pedrafita o director xeral de estradas do ministerio pra informar sobre a situación

- Familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo concentráronse ante o Congreso cadrando coa intervención do presidente do Goberno.

Queren trasladarlle en persoa a Pedro Sánchez a súa petición de baixar ó barco afundido.

- Xuntanza en Ferrol entre a conselleira do Mar e os responsables das confrarías pra abordar sa escasez de marisco na ría.

A Xunta céntrase na retirada dos depredadores da ameixa e na rexeneración dos bancos, pero os mariscadores cren que estas medidas non abondan.

- Os médicos de urxencias urxen ó goberno central á creación desta especialidade.

España e Portugal son os únicos países da Unión Europea nos que non existe e teñen que instruirse en congresos como o que desde hoxe se celebra en Vigo.

- Protesta do profesorado durante os recreos contra a política de persoal da consellería de educación.

Convocaba a CIG que denuncia sobrecarga de traballo, burocracia e a falta de respeto ó colectivo docente

Galicia Informativos
Más opciones