Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/07/21 08/07/2021 30:07

Vaise pechando o círculo dos presuntos culpables pola morte o sábado de Samuel Luis Muñiz na Coruña. Un cuarto detido foi levado hoxe ao cuartel de Lonzas.

Os concellos analizarán coa delegación do goberno o dispositivo para evitar botellóns. A Coruña e Santiago adiantan que non pecharán parques nin praias.

O sindicato médico pide reforzos pra atender a suba de contaxios e de pacientes, coa chegada de máis turistas. Temen o colapso dos centros de saúde e dos PACS.

O BNG denunciará o plan eólico da Xunta ante a COmisión Europea. Din que vulnera seis directivas comunitarias en materia medioambiental.

A Casa Museo de Rosalía de Castro cumpre 50 anos. Celebrarano cunha ampla programación, entre a que se inclúe unha completa visita virtual.

Galicia Informativos
Más opciones